Free Porn
xbporn
Home Pontevedra A Paradanta A Festa da Lamprea: arraigo, historia, tradición e cultura dunha vila

A Festa da Lamprea: arraigo, historia, tradición e cultura dunha vila

- Anuncio -

A resolución asinada o 16 de xaneiro de 2023, na cal se acordaba conceder o Titulo de Festa de Interés Turístico Internacional á Festa da Lamprea, era entregado ao alcalde Horacio Gil, nun acto en FITUR no Stand de Turismo de Galicia en xaneiro de 2023.

Este recoñecemento recibido no 2023, únese ao conseguido en 2005, cando foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, e ao de 2016, declarada entón Festa de Interese Turístico Nacional, non só recoñece a vinculación da Festa e a Lamprea coa Vila de Arbo e os arbense, senón que ademáis consolida a Arbo, como Capital Mundial da Lamprea.

O Boletín Oficial do Estado do 2 de febreiro publicaba e ratificaba a resolución pola cal se concedía á Festa da Lamprea de Arbo o título de Festa de Interese Turístico Internacional e dous anos despois, o pasado 27 de setembro, no Teatro Real de Madrid, o alcalde de Arbo, Horacio Gil, recibiá do Ministro de Industria e Turismo e da Secretaria de Estado de Turismo, con motivo do Día Internacional del Turismo, o Diploma da Declaración da Festa da Lamprea de Interese Turístico Internacional, que acredita o arraigo, historia tradición e cultura da Vila de Arbo.

A Festa da Lamprea é a manifestación e posta en VALOR dunha Vila. Unha Vila orgullosa coas súas tradicións, a súa paisaxe, o seu patriomonio, a súa historia, a súa enogastronomía e a súa Festa. Unha Vila donde as súas xentes hospitalarias cos visitantes estan comprometidas co desenrolo e mellora da calidade de vida deste municipio – informaba o rexedor, Horacio Gil, no acto en Madrid.

A Festa da Lamprea é unha fórmula perfecta para propulsar o turismo e o interese sobe Arbo, o seu patrimonio, a súa cultura e tradicións. Unha fórmula onde ten moita presencia a poboación local xa que son parte activa da celebración. Unha forma de facer turismo que fará que quen veña a vernos sentan como na casa, porque Arbo é como unha gran familia, onde ao que chega, sexa a unha mesa dun restaurante, ou a un dos nosos aloxamentos, trátaselle como uno máis, con proximidade, agarimo e hospitalidade.

A Festa da Lamprea, procura en primeiro lugar rememorar e recoñecer o traballo feito en cada etapa por alcaldes, tenentes de alcalde, concelleiros e funcionarios das diferentes corporacións municipais; polos presidentes, secretarios e vogais dos Comités Activos e integrantes dos Comités de Honra, polas posteriores comisións de festas; polas cociñeiras e polos agricultores que cultivan o viño e os pescadores que traen este peixe; por hostaleiros, asociacións veciñais, culturais e deportivas; e por todos os demas implicados, con especial mención aos pioneiros, pensadores da idea e creadores do “Día dá Lamprea”, que desde a edición inicial viron na gastronomía un feito de relevancia socioeconómica, política e cultural.

Non existe constancia doutro pobo no mundo que teña unha tradición tan antiga e arraigada ao redor da Lamprea e un ano máis Arbo celebrara a “LXV Festa da Lamprea” os días 25, 26 e 27 de abril de 2025 – remata o alcalde de Arbo, Horacio Gil.

Relacionadas

O Concello inclúe a creación dun novo paso de peóns en Concepción Arenal

0
Aproveitando a mellora da urbanización desta zona que se está a executar, dotouse ao tramo que vai da Rotonda das Anclas ao cruce con...

Luis López destaca un esforzo de máis de 900.000 euros da Deputación para mellorar...

0
O presidente provincial visita o concello da Cañiza para inaugurar o campo de fútbol, no que a Deputación investiu 630.000 euros para financiar unha...

Calendario de actividades para o fomento da lectura de setembro-outubro de 2024

0
TALLERES DE CREACIÓN LITERARIA e VI CONCURSO DE CONTO CURTO PAZOS DE BORBÉN Hai uns días comezouse a programar as actividades de outono-inverno coa...

Luciano Otero asegura que o próximo mércores pode quedar desbloqueada a firma do convenio...

0
• Alternativa Veciñal, co alcalde Luciano Otero á cabeza, asinará o convenio sempre e cando sexa ratificado por todos os membros da corporación, incluíndo...

Tomiño aposta pola vida activa da súa veciñanza cunha axenda de actividades saudables

0
Baixo o nome de Impacto saudable, o Concello pon en marcha un programa para fomentar o deporte a todas as idades A primeira cita será...

Tui da a benvida ao outono cunha programación de teatro e música de calidade...

0
Seis espectáculos conforman a nova temporada no teatro tudense O próximo venres 4 de outubro comeza unha nova temporada de programación no Teatro Municipal de...

Publicacións Relacionadas