A Festa da Ostra de Arcade bate récorda de ventas e de asistencia

adminON
Lectura mínima de 5

Éxito da XXXVI edición da Festa da Ostra con máis de 35 mil persoas asistentes e máis de 115 mil ostras vendidas ao longo da fin de semana. A Carreira da Ostra, adiada o 31 de marzo por mal tempo, celebrarase este domingo 14 de abril. O concello volve a abrir inscricións en liña ata mañá, martes 9 de abril, ás 20:00 h.

A XXXVI Festa da Ostra incorporou importantes novidades nesta edición. Adegueiros, ostricultores e empresarios trasladaron ao alcalde a súa satisfacción e agradecemento por unha organización que eles mesmo definiron como “espectacular”.

Unha edición que chegou con varias novidades: cambiouse a ubicación dos stands da carpa deixando o privilexiado fondo da ría de Vigo con vistas das que se podían desfrutar mentres a xente degustaba as ostras e os albariños; nesta edición contouse cun comedor coidado e unha ambientación adecuada e contouse con copas de viño serigrafiadas que permitiron aos asistentes degustar e desfrutar das ostras de Arcade nunhas condicións que nunca antes se viran.

A pesar de que a climatoloxía non acompañou durante algúns momento ao longo da fin de semana,  a festa da Ostra, bateu récords de asistencia tanto na noite do sábado como no día grande, o domingo ao mediodía. Unha fin de semana onde se superaron máis de 35 mil asistentes e 115 mil ostras vendidas.   

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, destacou que “foi unha festa que se realizou co máis grandes dos agarimos para poder ofertar á veciñanza a mellor Festa da Ostra”.

O éxito da Festa da Ostra vese no resultado final, esgotáronse as copas de albariño, as ostras ao natural, a gastro – experiencia OsTres, o viño albariño, na tarde de onte, do domingo, quedaron esgotadas as existencias dos produtos superando as expectativas, e tal e como eles sinalaron, convertendo a 36 edición da Festa da Ostra nunha edición que bateron todos os récords.

Manu Lourenzo quixo unha vez máis agradecer “o traballo inxente de todas as persoas que formaron parte da XXXVI Festa da Ostra, adegueiros, ostricultores, empresarios funcionarios, empresas de montaxe… porque sen eles non sería posible acadar este resultado, é unha sorte formar parte dun equipo no que se traballa cos máis altos niveis de esixencia para mellorar a vida da veciñanza”.

CARREIRA DA OSTRA

Este domingo, 14 DE ABRIL, levarase a cabo a celebración da CARREIRA INFANTIL DA OSTRA (adiada o domingo 31 de marzo). Tendo en conta que o domingo oficial da súa celebración era un domingo en periodo vacacional (o domingo de Semana Santa) nesta ocasión, e de maneira excepcional, dende o Departamento de Deportes, abrirán o prazo de inscrición na carreira, dende hoxe, luns 8 de abril , ás 16:00 h. ata mañá, martes 9 de abril,  ás 20:00 h.

Unha carreira dirixida a nenas e nenos ata os 14 anos. As pequenas e pequenos que non teñan autonomía para correr sós poderán ir acompañados. A recollida de dorsais serán os días 10,11 e 12 de abril no Pavillón (horario de 16:30 h. a 21:30 h. ) e o 14 de abril, día da carreira, no peirao en horario de 10:00 h. a 11:00 h.

Dende o Departamento de Deportes lembran que as persoas xa inscritas non teñen que facer nada, unicamente recoller o seu dorsal senon o fixeron no seu momento. Este prazo de inscrición é de AMPLIACIÓN para as nenas e nenos que non se inscribiron no seu momento ao tratarse dun domingo en periodo vacacional.

As incrición ata mañá ás 20:00 h. de balde e en liña en: https://qrcd.org/4uUz

Comparte este artigo