Home Vigo Mos A Festa da Rosa cédelle o protagonismo á Sanidade Pública de Mos

A Festa da Rosa cédelle o protagonismo á Sanidade Pública de Mos

- Anuncio -

O acto central da Festa da Rosa do Concello de Mos contará como pregoerias a Ines Alonso González, residente de enfermería familiar e comunitaria, recentemente premiada no VII Edición de Premios de Investigación en Atención Primaria e Comunitaria polo seu estudo sobre a detención precoz na Atención Primaria de problemas emocionais na mocidade e María Lorena Comesaña Diego, enfermera especialista de familia e comunitaria do Centro de Saúde de Mos.

O traballo titulado Xestión emocional na adolescencia, no que elaborou unha análise sobre unha poboación de 184 rapazas e rapaces mosenses, para o que contou coa colaboración do IES de Mos recibiú o primeiro premio da VII Edición de Premios de Investigación en Atención Primaria e Comunitaria, realizado pola residente de Enfermería Familiar Inés Alonso, do centro de Saúde de Mos, alerta da necesidade de tomar certos comportamentos e actitudes como evidencia de problemas emocionais que poden derivar noutras patoloxías. O Concello de Mos aposta por darlle visibilidade a labor integral e social que o Centro de Saúde de Mos realiza na contorna polo que decidiu de forma unánime, contar coa presencia das dúas enfermeiras para realizar o pregón das festas. O acto central da Festa da Rosa constará dunha misa na igrexa de San Mamede de Petelos as 11:00h, posteriormente as 12:00h se realizará o tradicional Concurso da Empanada de Millo incluida na festa gastronómica organizada pola asociación de Mulleres Rurais en colaboración co Concello de Mos e de seguido o Concurso de Rosas do Día da Rosa que inclúe novamente o premio á mellor rosa de cada unha das 10 parroquias mosenses, de entre as que se elexirá a mellor de todo Mos, e unha mención especial á parroquia con maior participación nun acto que será presentado por Alejandro Pérez e Cristina Maró.
Ao remate da entrega de premios dos ditos concursos haberá unha actuación musical da Banda de Música Xuvenil de Torroso na que interpretarán o himno de Mos cantado polo artista Antonio Barros entre outras pezas. A cita será o vindeiro martes día 13 de xuño na praza do Concello de Mos.

Sobre o premio
A identificación precoz en Atención Primaria de signos que alerten da presenza de problemas emocionais e condutuais na mocidade, a procura de recursos para o seu tratamento e a difusión á poboación e a contorna educativa da existencia de síntomas que permitan identificar esta situación é o obxectivo esencial do traballo realizado pola residente de Enfermaría Familiar e Comunitaria de segundo ano no Centro de Saúde de Mos, Inés Alonso González, e que lle valeu facerse co primeiro premio da VII Edición de Premios de Investigación en Atención Primaria e Comunitaria.

Nas súas conclusións esenciais advirte que a presenza de síntomas de depresión é a ansiedade son causas evidentes da existencia de problemas emocionais na mocidade; ademais de subliñar que existe unha relación directa entre problemas de autoestima e de conduta alimentaria (estes últimos destacados nas mozas) que deben ser tidos moi en conta na atención primaria para identificalos como síntomas desta patoloxía. Segundo a autora do proxecto -e citando fontes da OMS-, un de cada sete adolescentes padece algún tipo de trastorno mental.
Para chegar a estas conclusións, a premiada empregou o Sistema de Avaliación de Nenos e Adolescentes (SENA) que contempla variables sociodemográficas (xénero, idade, curso académico) e 29 variables cualitativas incluídas en 7 escalas: Problemas Interiorizados (depresión, ansiedade, obsesión, sintomatoloxía postraumática…); Problemas Exteriorizados (de atención, hiperactividade, control de ira, condutas desafiantes e antisociais…); outros Problemas Específicos (conduta alimentaria, esquizotipia, consumo de substancias); Problemas Contextuais (familiares, na escola, cos/coas compañeiros/as); Vulnerabilidades (regulación emocional e procura de sensacións) e Problemas de Recursos Persoais (autoestima, integración e competencia social).
Tras este estudio, e para unha mellor xestión destes problemas emocionais na etapa adolescente, Inés Alonso González propón a difusión no ámbito sanitario, educativo e mesmo na poboación, de información que permita unha identificación clara destes síntomas, ademais de potenciar a actividade comunitaria e os equipos de saúde mental na atención primaria.
O xurado avaliou os traballos en función do seu interese para a práctica clínica en Atención Primaria, a súa orixinalidade, aplicación, impacto e metodoloxía.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas