• A carpa encheuse de persoas de diferentes lugares xa desde a mañá para gozar co pregón de Fátima Pego
• O alcalde, Manuel Campos, salienta a gran asistencia que houbo ao longo de toda a xornada, que incluíu tamén o Enterro do Chapante, co que se pon fin ao Entroido
A XXVI Festa Gastronómica do Lacón con Grelos de Cuntis viviu este domingo a súa xornada grande cunha das edicións más multitudinarias que se lembran. Ao longo da xornadas despacháronse unhas 2.000 racións de lacón, patacas, chourizo e grelos (ademais de pan, bebida, postre e café), ás que hai que sumar as ofrecidas polos establecementos hostaleiros da vila termal. A carpa ficou practicamente ateigada durante toda o día. O alcalde, Manuel Campos, valorou moi positivamente esta cita, que ten claro que segue a ser un dos eventos gastronómicos máis importantes de Galicia. Campos puxo en valor o feito de que durante toda a fin de semana houbo unha gran asistencia na, destacando, ademais da degustación gastronómica, a Gala do Chapante do pasado venres, o concerto de OBK o sábado pola noite, que reuniu a 1.000 persoas, ou a lectura do pregón, que nesta ocasión correu a cargo da televisiva Fátima Pego. O presentadora e artista presumiu de bo dente e falou das delicias do lacón con grelos, nun acto no que xa a carpa esta practicamente ateigada. Previamente, tivo lugar o tradicional pasarrúas, con asociacións locais e coa participación tamén do Entroido de Cobres.
Un ano máis, tamén resultaron moi visitadas a Exposición Cerámica de Castrolandín ou a Feira do Mel na Praza de Abastos, así como a Mostra de Palilleiras. Hai que destacar tamén, como novidade, a Ruta da Camelia, con 17 escaparates, con Mi Vestidor Azul, Zapatería Reboredo, Zapatería Mapi, Zapatería Caamaño, Espacio Fusión, O Rincon das Burgas, Carmiña Boutique, Electrodomésticos Louzao, Floristeria Xunco, Roupa Gosende, Agricola Hórreo, Andrea Fernández Peluquería, Farmacia Rubira, Nath Moda, SERTEC Inmobiliaria, Espazo CuntisXove e Fundación Terra Termarum como participantes. Esta proposta, ademais, contou cunha mostra específica organizada por José Castro, María Jesús Melón e Antía Formoso e que se realizou a modo de homenaxe a Manuela Cousa, falecida en 2020 e considerada a Dama da Camelia. A programación chegou ao seu fin co velorio e o Enterro do Chapante, un acto co que tamén se pon punto e final ao Entroido. Manuel Campos, que estivo acompañado por diferentes autoridades locais, representantes da Deputación de Pontevedra e doutros Concellos da bisbarra durante esta xornada, incidiu tamén na importancia da Festa do Lacón con Grelos como factor dinamizador da economía local, xa que “ao longo de toda a fin de semana os establecementos de hostalería traballaron a pleno rendemento”.