HomeBaixo MiñoA GuardaA Festa do Santísimo deste domingo encherá as rúas da Guarda de...

A Festa do Santísimo deste domingo encherá as rúas da Guarda de alfombras florais

- Anuncio -spot_img
  • Máis de 700 metros de alfombras florais repartiranse por diferentes rúas da Guarda

Este domingo A Guarda vivirá un día no cal as súas rúas encheranse de cor e de beleza grazas ás alfombras florais. Desde hai semanas, parte da veciñanza e asociacións están traballando en preparativos para as alfombras florais.

Este sábado á noite, a partir das 5:00h comezará a elaboración das alfombras florais que se prolongarán ata primeiras horas do domingo pola mañá. Agárdase que ás 12:00h da mañá todas as alfombras estean listas para ser visitadas.

Para poder desfrutar máis da súa beleza, a misa e posterior procesión celebraranse pola tarde, ás 17:30h a misa e ao rematar, sobre as 18:30h arrancará a procesión desde a praza da igrexa. Estímanse que uns 700m das rúas da Guarda estarán cubertas por estas alfombras florais tan especiais.

Cada ano, os deseños das alfombras sorprenden a veciños e visitantes, con temáticas diversas: socias, relixiosas ou ornamentais. O traballo comeza á noite con moitos nenos debuxando as figuras que logo encherán de pétalos, flores ou café. Grazas á Asociación Cultural de Alfombras esta tradición continúa e mantense.

Unha das alfombras que máis chama sempre a atención é a tradicional alfombra de sal tinguida de cores, que sobre desde a rúa Malteses á rúa Concepción Arenal, desfrutando dunha vista inigualable do porto da Guarda.

A procesión dirixirase da igrexa parroquial á praza Praza do Reló, para pasar pola rúa Ignacio Sobrino e rúa Oliva e seguir por Hernán Cortés. Alí baixarán polas escaleiras da praza José María Lomba para continuar pola rúa Malteses e Concepción Arenal ata a rúa Brasilino Álvarez Sobrino e así rematar de novo na igrexa parroquial pola rúa Antonio Alonso.

Para a elaboración das alfombras florais as rúas da Guarda sufrirán cortes de tráfico a partir da noite do sábado 21 ata a tardiña do domingo 22, polo que pregamos á veciñanza colaboración e comprensión.

Publicacións Relacionadas