A Festa dos Callos será máis responsable que nunca co medioambiente

adminON
Lectura mínima de 3

● O obxectivo é reducir os residuos e desperdicio alimentario coa implicación de todas as persoas que fan e asisten á festa.

A Festa dos Callos do vindeiro domingo forma parte dun proxecto piloto liderado pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste EU Rural coa colaboración do Concello do Porriño para avanzar na sustentabilidade medioambiental nas festas gastronómicas, e reducir os residuos e desperdicios alimentarios. Para a consecución deste obxectivo é necesaria a implicación do Concello, as empresas de hostelaría participantes e os seus proveedores, asi como as propias persoas asistentes ao evento.
Responsabilidade compartida para coidar ao planeta
A Festa dos Callos atrae a milleiros de persoas cada ano ao Porriño. Para conseguir reducir os residuos é necesaria a implicación de todos: o Concello, as empresas de hostelaría participantes e os seus proveedores, e tamén as propias persoas asistentes á festa.
O Concello habilitará puntos de recollida selectiva de residuos en puntos estratéxicos para que se poidan utilizar durante e despois da festa. Tamén haberá repartidos uns cubos informativos para que as persoas asistentes tomen conciencia e executen certas medidas para que a festa sexa máis sustentable.
O emprego de menaxe 100% sostible, outro dos requisitos deste proxecto, é xa tradición na Festa dos Callos do Porriño, xa que os asistentes pódense levar o recipiente de barro no que se serve a ración e reutilizalo. O uso de ingredientes locais e de tempada tamén forman parte da esencia da festa gastronómica porriñesa.

Os cinco concellos que se preparan para os requisitos do 2025 en Galicia
Outras catro festas de concellos veciños se suman a este proxecto piloto do 2024 para garantir que os eventos gastronómicos cumplan co seu compropiso co medioambente e sexan sustentables. Así, á Festa dos Callos do Porriño, precedéronlle as festas dos Ovos Fritos en Nigrán, as Chulas en Moscoso (Pazos de Borbén), e a Zorza en Ventín (Fornelos de Montes); e en breve sumaranse as Xornadas Micolóxicas en Mos. No 2025 todas as festas gastronómicas de Galicia deberán cumprir unha serie de requisitos, algúns deles xa mencionados, que contemplan as fases de planificación do evento, a execución e a posterior recollida de residuos.
Este proxecto, Plan de Xestión de Resíduos en Festas Gastronómicas de interese turístico, é unha acción enmarcada no Plan “A Despensa de Galicia”, do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, con finanzamento da Unión Europea.

Comparte este artigo