Home Pontevedra Caldas A Fundación Elisa Abalo, o concello de Portas e a UNED de...

A Fundación Elisa Abalo, o concello de Portas e a UNED de Pontevedra poñen en marcha a horta dos nenos, un programa de formación continuada en agricultura ecolóxica biointensiva para a infancia

- Anuncio -

Este evento está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos e prolongarase desde o 22 de xullo a todo o ano adaptándose ás características do grupo e ao momento.

A Fundación Elisa Abalo, o Concello e a Aula Universitaria da UNED de Pontevedra en Portas e A Milpa do Salnés porán en marcha o “Horto dos nenos”, unha iniciativa que se desenvolverá desde o vindeiro 22 de xullo e durante todo o ano sobre formación continua en agricultura ecolóxica biointensiva para a infancia.

Esta iniciativa formativa contará como ponentes con Ofelia Gaitán Palacios, licenciada en Ecoloxía e Recursos Naturais, e Guillermo Rodríguez Barreiro, enxeñeiro Agrónomo e Mestre do método Biointensivo. A formación cubrirá todo o ciclo da agricultura a pequena escala, ó longo das 4 estacións do ano prantéxanse xornadas semanais cunha duración de 1 hora e 30 minutos con cada grupo con horarios que se adaptarán as características do grupo e ó momento do ano.

UNHA LEIRA CEDIDA POLO CONCELLO PARA FACER PRÁCTICAS

O Concello de Portas colabora de xeito moi activo nesta iniciativa formativa continuada para a infancia coa cesión dunha leira situada á beira da antiga estación de ferrocarril co fin de que, unha vez que reciba un tratamento inicial axeitado, forme parte do “laboratorio” sobre a que se aplicarán as técnicas aprendidas durante o curso de agricultura ecolóxica biointensiva para a infancia.

Mediante un programa formativo completo para todo o ano os nenos e nenas traballan experimentando os ciclos que se desenvolven na horta a través da metodoloxía de cultivo biointensivo (preparación profunda do solo, uso de composta, cultivos de carbono, asociación e rotación de cultivos, sementeira cercana, cultivos de calorías, uso de sementes de polinización aberta e integralidade) aproveitando os diferentes ciclos de cada cultivo.

O custe da actividade é de 50 euros en concepto de matrícula e 40 euros mensuais e terá como obxectivos aprender unha agricultura respetuosa cos ciclos dos cultivos de aproveitamento alimentario; coidar coidar a terra dun xeito sostible, enriquecéndoa; coñecer os ciclos dos cultivos que se desenvolven durante o ano e sensibilizarse coa necesidade dunha alimentación saudable.

Esta actividade impacta nos Obxectivos de Desarrollo Sostible relacionados coa educación de calidade, a redución das desigualdades, produción e consumo responsables, acción polo clima e vida de ecosistemas terrestres.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas