Home Pontevedra Ponte Caldelas A "Gala Solidaria todos con Gustavo Dacal" ateiga o salón de actos...

A “Gala Solidaria todos con Gustavo Dacal” ateiga o salón de actos do colexio Cordo Boullosa e permite á sociedade civil de Ponte Caldelas recaudar uns 4.000 euros que irán destinados á recuperación do deportista afincado en México

- Anuncio -

Actuaron no festival benéfico, que durou preto de 5 horas, Manoele de Felisa, Sara e Sofía, Son das Tabernas, Acordes Son do Verdugo, Arte Maña, Cuatro Acordes e Desconcerto

A “Gala Solidaria todos con Gustavo Dacal” celebrada onte no salón de actos do Colexio Cordo Boullosa permitiulle á sociedade civil pontecaldelá recadar uns 4.000 euros que irán destinados a axudar na recuperación do deportista de Baltar (Ponte Caldelas), ex campión de España e ex plusmarquista nacional de lanzamento de xavelina afincado en México.

O público ateigou por completo o salón de actos no que tivo lugar o festival benéfico promovido polas asociacións veciñais, culturais, deportivas e comunidades de montes de Ponte Caldelas, Cáritas e a asociación de empresarios COEMPO e que estivo protagonizado polas actuacións de Manoele de Felisa, Sara e Sofía, Son das Tabernas, Acordes Son do Verdugo, Arte Maña, Cuatro Acordes e Desconcerto, que actúan de xeito totalmente altruísta e gratuíto.

A Gala prolongouse por espazo de casi 5 horas magníficamente dirixida polos presentadores do evento, Elvira Crespo e Pepe Cal, que foron intercalando unha pequena reseña sobre os artistas que interviñan con anécdotas, sorteos de diversos agasallos doados para a ocasión e a proxección dun emotivo vídeo de Gustavo Dacal saudando aos seus veciños e agradecendo as mostras de solidariedade recibidas, especialmente este festival benéfico.

EMOTIVA MENSAXE DESDE MÉXICO

No vídeo facilitado pola súa irmá Ángeles, Gustavo Dacal apareceu no seu domicilio con bo aspecto e coa forza vital que o impulsou ao longo da súa carreira deportiva e que será o combustible que o leve a superar as secuelas da enfermidade que padece. Dacal agradeceu tanto a organizadores, establecementos comerciais colaboradores, artistas, insititucións e público en xeral a preocupación por el e a implicación para axudarlle nestes momentos tan delicados.

Gustavo Dacal fixo gala nese vídeo do seu cariño e amor por Ponte Caldelas a quen dixo con orgullo pertencer e que sempre pertencería e fixo votos para regresar canto antes á súa casa e poder agradecer persoalmente a todos e cada un dos colaboradores neste evento a súa participación solidaria.

Entre o público estaba tamén a súa nai, Lealdina Martínez, quen agradeceu en nome propio e da súa familia “todo o que estades a facer polo meu fillo”. Visiblemente emocionada recibiu un prolongado aprauso que arroupou a súa presenza ao longo da celebración da Gala.

Moitas foron as persoas colaboradoras e os presentadores foron citando, un a un en diferentes quendas, aos establecementos colaboradores co cartel da Gala Solidaria e fixeron tamén mención especial ao traballo desenvolvido polo propietario do establecemento de hostalería Jamarte, encargado de poñer o son a este evento benéfico e a Foto Alameda, que realizou un vídeo da Gala. Tamén se agradeceu ao historiador Buenaventura Aparicio a doazón de dous exemplares do seu libro “Ponte Caldelas hace 100 años”, que foron sorteados entre o público ao igual que varias roscas doadas por Panadería Toño, de Cuñas.

Finalmente, os organizadores (representantes da sociedade civil e das entidades asociativas do municipio) subiron ao escenario e recibiron o aplauso e o agradecemento dos presente ao igual que as compañeiras e compañeiros que fixeron labores loxística, cobro de entradas e, sobre todo, ás Mulleres Rurais do Verdugo que fixeron un saboroso chocolate que serviu para repoñer forzas durante a celebración desta Gala que rematou ben pasadas as 12 da medianoite.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas