A Galican Agility Cup, unha cita de agility sen precedentes na Comunidade que une competición de alto nivel e actividades formativas, segue celebrándose hoxe na Feira Internacional de Galicia ABANCA. Nela participan dende o pasado martes máis de 300 binomios (can e guía) de 22 países. Esta mañá continuaron as probas puntuables para o Campionato de España e clasificatorias para a Gran Final Galican Agility Cup, a cal terá lugar mañá por la tarde no recinto. Esta tarde terá lugar un seminario impartido pola francesa Kim Barreau e a italiana Verónica Odone.
O evento, organizado pola asociación Galician Agility Festival en colaboración coa empresa galega de obstáculos para agility Galican Sport, pecharase mañá coa celebración da Gran Final Galican Agility Cup, cuxos premios ascenderán a 15.000€ en produtos da empresa Galican.
* Achéganse fotografías das probas de hoxe
** A nota de prensa de peche da Galican Agility Cup, a cal incluirá os resultados e fotografías dos vencedores da Gran Final Galican Agility Cup, enviarase o domingo pola mañá, xa que a hora de finalización da Gran Final está previsto para mañá pasadas as 21.00h