HomePontevedraDezaA Galican Agility Cup une xa velocidade, precisión e paixón nunha cita...

A Galican Agility Cup une xa velocidade, precisión e paixón nunha cita de alto nivel na que compiten 315 cans de 22 países

- Anuncio -spot_img
  • ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN GALICIAN AGILITY FESTIVAL (GAF) E A EMPRESA GALICAN SPORT, CELÉBRASE DENDE HOXE ATA O SÁBADO NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA (SILLEDA, PONTEVEDRA)
  • ESTA MAÑÁ DESENVOLVÉRONSE SEMINARIOS IMPARTIDOS POR DOUS RECOÑECIDOS AGILITISTAS, MENTRAS QUE ESTA TARDE SE ESTÁN LEVANDO A CABO AS PRIMEIRAS PROBAS

A Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra) acolle xa a Galican Agility Cup, unha cita de agility sen precedentes na Comunidade que unirá ata o vindeiro sábado competición de alto nivel e actividades formativas.

Este evento itinerante, que é un dos máis importantes e esperados deste deporte canino, supón a primeira quíntupla en territorio galego, é dicir, cinco días de competición

Organizado pola asociación Galician Agility Festival en colaboración coa empresa galega de obstáculos para agility Galican Sport, reúne a 315 binomios (can e guía) de 22 países, como son España, Austria, Portugal, Francia, Alemaña, Reino Unido, Países Baixos, Bélxica, Polonia, República Checa, Luxemburgo, Italia, Suíza, Grecia, Estados Unidos, Arxentina, Colombia, Brasil, Panamá, Chile, Venezuela e Singapur.

Estes binomios participan desde hoxe e ata o sábado ao mediodía en diversas probas puntuables para o campionato de España. Ademais, o sábado pola tarde terá lugar a Copa Galican, cuxos premios ascenderán a 15.000€ en produtos da empresa.

Serán avaliados por catro xuíces top a nivel mundial que destacan por deseñar circuítos seguros para os cans e ao mesmo tempo con gran vistosidade, os cales son a alemá Stefannie Semkat, o sueco Jocke Tangfelt, o canario Héctor Ramírez e o suízo Philipp Glur.

A estas competicións súmanse distintos seminarios impartidos por recoñecidos nomes deste deporte canino. Así, esta mañá os formadores foron a agilitista alemá Dani Fischbach e o español Adrián Bajo, actual campión do mundo de agility en categoría “large”. Nos próximos días a este último sumaranse nos seminarios a francesa Kim Barreau e a italiana Verónica Odone.

Inicio das probas

Á primeira hora desta tarde comezaron na Galican Agility Cup as probas puntuables para o campionato de España, as cales se estenderán ata as 22.30 horas. Estas continuarán ata o sábado ao mediodía, para dar paso ese día pola tarde á Copa Galican.

Publicacións Relacionadas