HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda adxudica a redacción do Proxecto para un Pumptrack de 700m2

A Guarda adxudica a redacción do Proxecto para un Pumptrack de 700m2

- Anuncio -spot_img

O proxecto contempla a construción dun Pumptrack de 700m2 na zona da Atalaya no Porto da Guarda
Os afeccionados ao bicicross, skate, patines, bmx.. disporán dunha nova infraestrutura deportiva

O Concello da Guarda adxudicou a redacción do Proxecto para a construción dun Pumptrack para a práctica deportiva que estará emprazado no entorno da Atalaya no Porto da Guarda.

Esta actuación ven a complementar ás instalacións deportivas xa existentes nesta zona, onde tamén está emprazada a Pista de Skatepark e a cancha de baloncesto.

O proxecto nace das diferentes inquedanzas manifestadas polos deportistas guardeses, que deste xeito verán ampliada a oferta de instalacións deportivas existentes para a práctica de máis deportes, de acordo ás novas tendencias deportivas.

A idea é facer un circuito de Pumptrack cunha superficie de 700m2 onde poder practicar deportes sobre rodas coma o skate, longboard, patíns, patinetes, bmx, mtb, entre outros.

Publicacións Relacionadas