- A campaña de “Juntos brillamos más” por unha iluminación especial coñecerá o seu gañador o día 15
A Guarda non conseguiu pasar de fase no concurso de Ferrero Rocher “Juntos brillamos más”. O concello galego logrou pasar a primeira criba, pasando de 17 municipios, un por comunidade autónoma, a só 5.
Aínda que non se logrou pasar, queremos agradecer a toda a xente e negocios que mostraron o seu apoio e promoveron a campaña pola Guarda, demostrando o orgullo que os guardeses e guardesas senten pola súa vila.
Remata deste xeito un mes que se viviu na Guarda con moita ilusión. Agardamos que a ilusión continúe para vivir estas datas tan especiais do Nadal.



