A Guarda celebra este domingo o Día Internacional do Ioga cunha sesión gratuíta ao aire libre

adminON
Lectura mínima de 2

Un ano máis unímonos ás celebracións do Día internacional do Ioga. Este domingo 7 de xullo ás 10:30 horas da mañá no dique norte, ao final do paseo marítimo, o Centro Awen Yoga ofrecerá una sesión de ioga gratuíta ao aire libre en colaboración co Concello.

Coincidindo coa Festa da Langosta nos trasladamos a unha nova contorna para estar preto do mar e cargarnos coa súa enerxía, ao mesmo tempo desfrutaremos dunhas marabillosas vistas do porto mentres facemos ioga.

O obxectivo desta actividade é celebrar este día e invitar a todas as personas a achegarse ao mundo do Ioga e que coñezan os seus beneficios.

Esta actividade vai a estar dirixida polos profesionais da Escola de Yoga – Centro Awen. A primeira parte estará enfocada aos máis pequenos para continuar cunha sesión de ioga para adultos, unha relaxación e algunha sorpresa máis.

Se podes respirar, podes practicar Ioga. Anímate a coñecelo aínda que nunca o practicases!

Recoméndase aos participantes traer una esterilla ou toalla, roupa cómoda e unha manta ou coxín para a relaxación.

Teléfonos de información:

  • Awen Yoga: 676 620 247 Elvira  / 617 660 531 Iria centroawenyoga@gmail.com
  • Concello: 986 610 000 (ext. 4023)
Comparte este artigo