A Guarda comeza a reparación dos tellados do castro  de Santa Trega

adminON
Lectura mínima de 1
  • O pasado inverno un forte temporal de vento esnaquizou o tellado actual

A reparación dos tellados do castro de Santa Trega deu comezo esta mañá coa chegada do novo material para a súa instalación inmediata.

O castro viviu durante este inverno fortes temporais, sobre todo, de vento, o que lle ocasionou graves danos ao tellado de palla. Agora, unha empresa especializada no sector, será a encargada de instalar o novo tellado de centeo nas dúas edificacións reconstruídas.

Deste xeito, o monte de Santa Trega volverá contar co seu monumento insignia nas mellores condicións, para que locais e turistas podan desfrutar da súa historia.

Comparte este artigo