HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda conmemora o 8M coa obra ‘Á luz do día, nalgún...

A Guarda conmemora o 8M coa obra ‘Á luz do día, nalgún lugar do mundo, a algunha muller’

- Anuncio -spot_img
  • Na fin de semana do Día Internacional da Muller haberá dúas actividades

O Concello da Guarda xunto co Centro de Información da Muller (CIM) preparan unha programación especial para esta semana do 8-M, Día Internacional da Muller.

Para o domingo 8-M, o Centro Cultural da Guarda acollerá a obra de teatro “Á luz do día, nalgún lugar do mundo, a algunha muller” a partir das 19:00 horas. A obra trata de dúas personaxes, Elena, a psicóloga, e Ledicia, a doente, que transitan durante unha sesión de terapia polo presente, pasado e futuro delas dúas. Nesa sesión descubrimos historia de Ledicia, o camiño marcado que seguiu sen rechistar e as consecuencia que trouxeron.

A través dos 5 estadíos emocionais do duelo, o texto transita coma se fosa o vehículo da

terapia. Elena guiará a Ledicia polos 5 estadíos: negación, ira, negociación, depresión e aceptación. As mulleres crearán un mundo de seu, onde nada máis que existirán elas e os seus mundos. 

Publicacións Relacionadas