Home Baixo Miño A Guarda A Guarda continúa coa mellora da Praza de Abastos

A Guarda continúa coa mellora da Praza de Abastos

- Anuncio -
  • A través de destas obras, que serán complementadas cunha mellora estética que prevé levarse a cabo nun prazo máximo de dous anos, seguen dándose pasos para converter o mercado municipal nun Mercado de Excelencia.
  • Estas obras licitáronse por 48.500 € e contaron co cofinanciamento da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e da Deputación de Pontevedra a través do plan concellos

O Concello da Guarda continúa traballando na mellora do mercado municipal de cara a convertelo nun Mercado de Excelencia con diferentes actuacións, que incluíron nos pasados meses a substitución do pavimento do piso superior por gres cerámico antibacteriano, a adecuación de dous postos que se sacarán a concurso xunto a outros que se atopan baleiros e a creación dunha zona de lecer coa apertura da terraza frontal de cara ao seu uso no futuro coma zona de servizos para cafetería ou establecemento similar. 

Desde fai case unha década as intervencións para acadar unha mellora das instalacións do mercado teñen sido prioridade para o Equipo de Goberno. Entre estas intervencións atopamos obras e actuacións de diversa índole dirixidas a mellorar:

– As condicións do edificio (arranxo da cuberta, solución aos problemas de filtracións e humidade, substitución dos pavimentos, reforma dos baños das escaleiras ou substitución de luminarias por LED).

– As condicións de traballo dos praceiros e praceiras, así como a satisfacción da clientela (instalación de portas automáticas de cristal para mellorar a sensación térmica, creación de varias zonas de descanso, instalación de fío musical ou construción dunha zona de lavado de utensilios de traballo).

– A accesibilidade do edificio (instalación do ascensor, creación dunha rampla de acceso na rúa Julián López, construción dun aseo accesible ou a creación de prazas de aparcamento para persoas de mobilidade reducida nas inmediacións).

– Aspectos estéticos (pintado das paredes, adquisición de mostradores-expositores para os postos de venda ambulante, decoración de Nadal, colocación de lonas decorativas ou renovación das antigas portas de madeira).

O total invertido desde o 2013 nestas instalacións ascende a 332.339,10€ dos cales máis de 80.000€ corresponden a aportacións municipais e o resto proveñen de subvencións a nivel provincial e autonómico.

Unha vez finalizadas estas obras só quedará por levar a cabo a última das fases para a  modernización da Praza de Abastos que consistirá nun proxecto de mellora estética máis acorde a estes tempos. Esta reforma estética, na que se prevé inverter arredor de 100.000 €, pretende converter un mercado, no que xa podemos atopar produtos dunha calidade moi alta, nun espazo no que ademais resulte máis agradable e atractivo para os clientes.

As obras rematadas recentemente contan cunha achega da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural de preto de 28.000 € dos cales un 75% foi aportado polo FEDER, un 7,5% polo MAPAMA e un 17,5% pola Xunta de Galicia a través das subvencións a Proxectos de rehabilitación e reforma de Mercados Municipais 2020-2021. A aportación restante, sobre 20.000 €, está financiada a través do plan concellos da Deputación de Pontevedra.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas