- A obra comezará este venres 7 de novembro ás 21:00horas
O Concello da Guarda continúa coa súa programación teatral deste outono. Este venres 7 de novembro ás 21:00 horas chega ao Centro Cultural o monólogo “Hechos furiosos”.
Nesta obra, Claudia mantén unha longa conversación co seu gato. Nesta conversa reflexiona en clave de humor, sobre o mundo, as ideas preconcibidas, os límites impostos, as mentiras que nos dicimos cada día e as que nos contaron ao longo da nosa vida.
Esta obra que xa se estreou no teatro Principal de Ourense e no Teatro La Capilla de México poderá verse este venres noite no Centro Cultural



