- Acudiron máis de 60 integrantes entre o Grupo de gaitas da 3ª idade e a Treboada Arroutada.
A Guarda contou con representación no gran Desfile de San Patricio de Madrid 2026. O Grupo de Gaitas da 3ª idade da Guarda participou por segundo ano consecutivo no desfile, acompañados coa Treboada Arroutada.
Un total de 47 membros do Grupo da 3ª idade e 17 membros da Treboada Arroutada acudiron ao desfile. Participaron un total de 1.300 persoas en 40 grupos, e calcúlase un público dunhas 200.000 persoas.
Este foi o único grupo participante da provincia de Pontevedra, o que supón un orgullo para o Concello da Guarda, ao mesmo tempo que unha gran promoción da cultura e do patrimonio da Guarda.



