HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda convoca as subvencións por concorrencia competitiva para actividades sociais, culturais...

A Guarda convoca as subvencións por concorrencia competitiva para actividades sociais, culturais e deportivas

- Anuncio -spot_img

O Concello da Guarda informa que dende este martes día 14 de xuño xa se poden presentar solicitudes para as subvencións municipais por concorrencia competitiva dedicadas a actividades sociais, culturais e deportivas no municipio.

As bases destas subvencións xa se poden consultar no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra(BOPPO) deste luns, día 13 de xuño.

As entidades e persoas interesadas teñen un prazo de 30 días naturais para tramitar estas subvencións e toda a documentación se pode consultar na web municipal www.aguarda.es ou na sede electrónica.

Publicacións Relacionadas