A Guarda despedirá agosto cunha baixada de carrilanas

adminON
Lectura mínima de 1

As Festas das Mercedes da Gándara arrancan por sétimo ano coa baixada de carrilanas desde a praza Avelino Vicente ata o Porto. Esta edición celebrarase o sábado 31 de agosto ás 18:00 horas da tarde.

As inscricións estarán abertas ata o día 28 de agosto e consistirá en abonar 10€ en rifas. Tres días máis tarde, as rúas da Guarda serán tomadas por estes particulares vehículos, que prometen dar moi bos momentos e risas entre espectadores e participantes.

Todos os vehículos deberán cumprir uns requisitos mínimos: 4 rodas e freo, 2 participantes con casco e unhas dimensións de máximo 160x240cm.

Para máis información, os números de teléfono son: 661 281 254, o 649 887 379 e o 647 607 456.

Comparte este artigo