- O contedor ábrese cunha chave que se debe recoller no concello
A Guarda xa conta co contedor marrón para a fracción orgánica. Este colector atópase polo centro urbano e nel pódense botar restos de calquera comida (tamén cunchas, cascas e borras de café), papel de mesa ou de cociña branco ou pequenas cantidades de restos de macetas, podas e flores.
Materias de hixiene, po, toalliñas, aceites, cabichas, excrementos de animais ou area, ou outros residuos non orgánicos deben tirarse nos contedores adecuados e non no colector marrón. Deste xeito, o Concello da Guarda avanza na mellora da separación dos residuos e no seu compromiso co medioambiente.
Lembramos que o contedor marrón funciona con chave e é importante pechalo tras depositar os residuos orgánicos. Toda aquela persoa que queira o kit para a fracción de orgánico (cubiño, bolsas e chave) pode pasar polo Concello a partir de mañá.
Para calquera dúbida pódese enviar un correo electrónico a medioambiente@aguarda.es.
Esta acción conta coa axuda da Xunta de Galicia e financiamento dos fondos europeos– NextGenerationEU, a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica dentro do Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia.



