A Guarda organiza un obradoiro familiar para aprender a elaborar papel reciclado

adminON
Lectura mínima de 1
  • A actividade inclúese dentro do V Ciclo Medioambiental Sostendo o Futuro

O V Ciclo Medioambiental Sostendo o Futuro do Concello da Guarda trae un novo obradoiro para afondar nos valores de reciclaxe e coidado de medio ambiente.

Trátase dun obradoiro de elaboración de papel reciclado, que estará dirixido pola cooperativa Somos Terra. Na actividade fabricarán papel a través dun proceso manual de reciclado de restos de follas, papel de xornal ou libretas.

O obradoiro está recomendado para familias con cativada a partir de 7 anos, pero calquera persoa interesada será benvida a esta actividade. O obradoiro terá lugar o sábado 18 de outubro a partir das 10:30h na Casa dos Alonso.

Para a inscrición ou máis información mandade un correo electrónico a medioambiente@aguarda.es .

Comparte este artigo