- O Concello da Guarda ten por diante unha programación de verán chea de plans para desfrutar con toda a familia
Este sábado comeza oficialmente o verán e, con el, toda a programación para a época estival ponse en marcha.
O Concello da Guarda presenta este ano unha axenda de verán chea de plans para desfrutar con amizades, en familia, de tarde, pola noite…plans para todos os gustos e idades.
Durante estes tres meses desfrutaremos de eventos e competicións deportivas de todo tipo, desde o arranque co II Trail Camposancos ó solpor ata torneos de baloncesto e premios ciclistas. Tamén teremos as festas que marcan cada verán dos guardeses e guardesas, como a festa da Virxe do Carme, a Festa do Monte ou a Romería de Santa Trega, entre outras.
A música estará presente todo o verán co programa TocaMúsica, cos seráns e con outros concertos e actuacións, como o de Roi Casal en agosto. Case sen descanso a Casa dos Alonso acollerá diversas exposicións: pinturas, figuras metálicas, maquetas, óleos…
Xa tedes plans para elixir A Guarda este verán!