A Guarda convoca para o próximo martes 28 de outubro un acto de solidariedade coas vítimas do acoso escolar, ás 12:30 horas na Praza do Reló.
O acto, promovido polo Concello e o CIM da Guarda, será en memoria de Sandra Peña, a nena de catorce anos que decidiu acabar coa súa vida tras sufrir bullying no colexio. Ademais, con esta concentración rexéitase calquera tipo de acoso escolar e reclámase que os centros escolares sexan un lugar seguro para todos e todas.



