- O documental mostra a historia dunha mariscadora de Ferrol en 1972
Este ano con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, 25N, A Guarda prepara accións en diferentes ámbitos.
Para este venres 14,ás 20:30h, proxectarase no Centro Cultural o documental “Prefiro Condenarme” de Margarita Ledo. Trátase dun documental sobre o caso de Sagrario, unha mariscadora de Ferrol no ano 1972. Por aquel entón, Sagrario é xulgada por adulterio, contemplado polo franquismo como un dos “delitos específicos das mulleres”. Sometida desde os 16 anos a todo tipo de abusos, rebelarase ao seu marido e á opresión social ata ser a primeira divorciada da cidade.
Ademais, mañá, o alumando de 2º da ESO do IES A Sangriña recibirá a charla “Sementes de cambio: erradicando a violencia sexual”.
O propio 25N farase unha concentración e lectura de manifesto na praza do Reló ás 123:30h. E para rematar esta programación especial, a obra de teatro “Chegar e encher” representarase o sábado 29 de novembro ás 20:30h.



