Home Vigo Nigrán A Guardia Civil ofrece á Policía Local de Nigrán e funcionarios municipais...

A Guardia Civil ofrece á Policía Local de Nigrán e funcionarios municipais un curso de RPC e desfibrilación externa automática

- Anuncio -

O Concello de Nigrán é un dos municipios de España máis cardioprotexidos tras dotar no 2018 de desfibriladores a todos os centros educativos, espazos deportivos, casa consitorial e patrullas da Policía Local

A Policía Local de Nigrán e traballadores do Concello de Nigrán recibiron esta semana formación en primeiros auxilios da man de tres gardas civís da Comandancia de Pontevedra instructores nesta materia e de David Mosquera, médico da UCI do Hospital Álvaro Cunqueiro. A trintena de asistentes actualizou de xeito teórico-práctico todas as técnicas de resucitación cardiopulmonar (RCP) e de desfibrilación externa automática, con especial atención á reanimación pediátrica ou á correcta extracción do casco aos motorista accidentados. O curso, cunha duración de 10 horas e con certificado a nivel europeo, tivo lugar este mércores e xoves no Auditorio Municipal de Nigrán previa solicitude do Concello á Guardia Civil (coa que colabora o Hospital Álvaro Cunqueiro).

Nigrán é un dos municipios de España máis cardioprotexidos tras dotar o Concello no 2018 de desfibriladores a todos os centros educativos, espazos deportivos, casa consitorial e patrullas da Policía Local. “O obxectivo deste curso e de todos os anteriores que levamos feito é que, en caso de parada cardiaca, o noso persoal poida actuar incluso antes de que cheguen as urxencias sanitarias e garantir así a vida da persoa e, se é necesario, restablecer o ritmo cardíaco a través dunha descarga eléctrica ao dispor nos de desfibriladores externos”, considera o alcalde, Juan González.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas