Home Pontevedra A Paradanta A hostalaría de Covelo aposta polo cocido galego de produción local

A hostalaría de Covelo aposta polo cocido galego de produción local

- Anuncio -

O “Cocido de Covelo” será un cocido feito na casa con produtos de proximidade e carne de vaca 100% local criada nos montes e pastizais do concello

Bares e restaurantes do Concello de Covelo únense para a posta en valor das carnes de produción local e lanzan o menú “Cocido de Covelo” que se poderá degustar en calquera dos dez locais de hostalaría previa reserva.

Con prezos que van desde os 15 aos 25€ por menú o “Cocido de Covelo” incorpora a carne de vaca criada nestas terras e recupera produtos tradicionais como o “petelo”. Cada local porá o seu selo persoal podendo degustarse cocidos con repolo e/ou con verzas das hortas de Covelo, con garavanzos, fabas ou feixóns. O prezo do menú inclúe bebida, pan e postre.

O cocido de Covelo será un cocido feito na casa e así o teñen claro os bares e restaurantes participantes que apostan polos produtos de proximidade sabendo que é onde se atopa a frescura e a calidade. O mesón A Xestosa en San Salvador de Prado, o bar Cuartel na Lamosa, o bar Costa en Covelo, o bar Lemos na Ermida, o Pinzas en Barcia de Mera, o Praza e o Río Tea de Maceira, o bar A Graña na parroquia do mesmo nome e a Rectoral de Fofe lanzan a primeira campaña de “Cocido de Covelo” feito con carne de vaca 100% local criada nos montes e pastizais de Covelo. Este é o primeiro paso dunha iniciativa que procura a posta en valor e a promoción da riqueza gastronómica de Covelo.

Abertos todo o ano e con posibilidade de reserva, os locais de hostalaría de Covelo son, cada vez máis, a alternativa para un bo xantar caseiro sen saír da área metropolitana de Vigo. “Notamos como chega xente doutras comarcas que veñen desfrutar da natureza, das rutas de sendeirismo, da feira mensual ou das actividades gratuítas organizadas polo Concello”, explica a concelleira de Comercio, Lourdes Enes.

O alcalde, Pablo Castillo, explica que dende o goberno refórzanse as iniciativas da veciñanza e empresas e emprendedores/as locais ofrecendo actividades que atraian a visitantes e que, ao mesmo tempo, descubran o potencial natural, histórico, etnográfico e cultural que ten Covelo.

A tan só 35 minutos da cidade e a menos de media hora dos principais núcleos de poboación do Condado, Paradanta, Louriña e Baixo Miño o Concello de Covelo configúrase como o pulmón verde do sur da provincia onde as persoas atopan tempo de lecer en contacto coa natureza.

Relacionadas

O Rosal inaugura a Oficina da Enerxía para liderar a transición enerxética no municipio

0
O acto inaugural será o vindeiro martes 21 de xaneiro ás 20.00 h no Salón de exposicións do Concello O Rosal segue a dar pasos...

A camelia protagonista esta fin de semana en Tui

0
Setenta e cinco expositores galegos, portugueses e asturianos presentarán no Claustro da Catedral acollerá máis de 125 metros cadrados dedicados a esta flor O Claustro...

Mos avanza nas reunións veciñais cun rexeitamento rotundo á nova A52 noutra sesión informativa...

0
Tras as reunións coas parroquias de Sanguiñeda, Petelos e Tameiga, hoxe celebrouse unha nova xuntanza con Pereiras. Existe previsión de ampliar nos días 22, 27...

Digna Rivas: “Ao negar a represión franquista en San Simón o PP actúa como...

0
Para a rexedora redondelá, as declaracións do deputado popular José Luis Ferro o único que fan é “branquear o franquismo, actuando como cómplice da...

O BNG esixe melloras urxentes en dúas estradas municipais en mal estado

0
Davinia Lojo reclama ao Concello de Marín actuacións inmediatas en Macenlle-A Moreira e Arealonga para garantir a seguridade viaria e mellorar a mobilidade da...

O alcalde de Nigrán recomenda ao deputado popular José Luis Ferro a lectura do...

0
Juan González, rexedor de Nigrán e historiador experto na Guerra Civil, ten documentado xunto a Antonio Caeiro e Clara de Saá fusilamentos e centos...

Publicacións Relacionadas