Home Tabeirós A Estrada A hostalería estradense ofrecerá 41 receitas diferentes na XLVIII Festa do Salmón

A hostalería estradense ofrecerá 41 receitas diferentes na XLVIII Festa do Salmón

- Anuncio -

O concelleiro de Promoción Económica, Óscar Durán, xunto coa presidenta da Asociación de Hostaleiros da Estrada, Adriana Abelleiro, anunciaron esta mañá as 41 propostas gastronómicas dos locais estradenses coas que contará a XLVIII Festa do Salmón grazas ás xornadas de tapas e á degustación popular.

Durante o venres 13 e o sábado 14 de maio, de 12.00 a 15.00 e de 20.00 a 23.00 horas, participarán nas xornadas de tapeo 21 establecementos con cadansúa tapa co salmón
como protagonista a 2,50 euros. O venres, o Samaná ofrecerá unha Mariñeira de chía con
guacamole, salmón marinado na casa, queixo brie e noces; o Lar, un Crocante de pataca
con salmón afumado e crema de ceboliño; A Taberna da Feira propón un Tartar de salmón con mousse de aguacate e algas wakame, acompañado dunha croqueta de salmón e salsa Noruega; Amadeus, un Salpicón de salmón con aguacate en tosta de pan de sementes; A Bodeguiña, unha Primavera de salmón; O Candil de Silvia servirá Salmón marinado á lima e á menta; a proposta da Taberna Navegación será unha Ensalada de salmón, tubérculo e fresa; a do 20 Berzas, unha Tosta de salpicón de salmón en vinagreta de mostaza; a do Bar Enredo, Salmón á laranxa; A Bombilla ofrecerá unha Tosta con queixo, salmón marinado e vinagreta con froitos secos; a Cervexería Eureka, un taco de salmón con berberechos e salsa de porro; e o Velis Nolis Bistró, unha Gilda de salmón.

Completarán a oferta de tapas os locais que participarán o sábado 14 coas seguintes propostas: O Café de Xulia presentará un Roliño de salmón; o Ananás, Gazpacho de aguacate con salmón e ceboliño; o Gran Vía, unha vieira de salmón con piña; O Mesón
ofrecerá a tapa J. Valfresco; O Paseo, Tacos de salmón con gambas e ameixas; a proposta
do Bar Oasis será un Pastel de salmón; o Malo Será elaborará un Salmón 2.2; O Bodegón,
Salmón afumado con compota de mazá; e o Andalucía, Canelón de salmón.

Na degustación popular, que se celebrará o domingo 15 de maio entre as 12.00 e as 15.00
horas na Praza do Novo Mercado, participarán dez establecementos e cada un deles ofrecerá o salmón cociñado de dúas maneiras diferentes. O Valenciaga cociñará Salmón en ceviche de Guanajato e Taco de salmón con guacamole e cebola vermella encurtida; O Asador de Leo ofrecerá Tortilla de salmón e Salpicón de salmón; Cervela participará con Cañitas de salmón con verduras e cunha Empanadilla de salmón, mexilón e algas shiitake; A Casa do Pan cociñará Empanada de salmón e verduriñas e Bizcoito aromatizado con romero e maldon enrolando un cremoso de salmón; Os Peares,

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas