Colabora coa marcha “Mulleres de Arousa pola Igualdade” que partirá do Xufre o mércores ás 17.30 horas e rematará na Praza do Concello con lectura dun manifesto
O Concello de A Illa súmase aos actos de conmemoración do Día Internacional da Muller cunha concentración simbólica de 5 minutos diante da Casa Consistorial na que se repartirán 200 camisetas co lema “8M-Todos os días do ano!”, elexido pola concelleira de Igualdade, Salomé Franco, para recordar a importancia da constancia no traballo neste campo os 365 días do ano.
Salomé Franco tirará tamén da iluminación en cor lila da fachada do Concello para visibilizar ao longo de toda a semana próxima o compromiso arousán coas políticas de igualdade de xeito transversal en todas as accións políticas, sociais e culturais que se desenvolven desde a administración local.
Por último, o Concello de A Illa colabora coa asociación Mulleres de Arousa, integrada na ACD Dorna, na marcha programada para a tarde do día 8 de marzo co lema “Mulleres da Arousa pola Igualdade” e que sairá ás 17.30 horas do entorno do muelle do Xufre para continuar polo Campiño ata a Praza do Concello, onde darán lectura a un manifesto seguido dunha actuación musical que porá fin ao acto.
A programación na Arousa completarase cun curso de fotografía en clave de Igualdade que a Concellalía de Salomé Franco organiza para o 17 de marzo e que se prolongará ata o 19 de maio.



