Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O Salnés A iniciativa solidaria Música en Vena chega aos hospitais de día do...

A iniciativa solidaria Música en Vena chega aos hospitais de día do Provincial de Pontevedra para amenizar e mellorar aas estadías dos pacientes

- Anuncio -
  • O cantante de orixe brasileira Gustavo Almeida, pero afincado hai anos na cidade do Lérez, ofreceu esta mañá acompañado da súa guitarra dous micro concertos no Hospital de Día Oncolóxico e no Hospital de Día Médico do Hospital Provincial
  • Música en Vena é unha asociación sen ánimo de lucro dedicada a humanizar as contornas sanitarias a través da música en directo
  • A entidade arrancou a súa andaina en Galicia no mes de marzo da man da Fundación Luckia, para ofrecer 10 concertos ata finais de 2024 en diferentes plantas e centros hospitalarios da comunidade galega

A iniciativa solidaria da asociación Música en Vena chega por primeira vez ás unidades hospitalarias Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés. A voz e os acordes da guitarra do cantante de orixe brasileira Gustavo Almeida, pero que leva moitos anos afincado na cidade do Lérez, encheron as estancias do Hospital de Día Oncolóxico e Hospital de Día Médico do Hospital Provincial pontevedrés en sendos micro concertos celebrados durante esta mañá.

Música en Vena é unha asociación sen ánimo de lucro dedicada a humanizar as contornas sanitarias a través da música en directo, mellorando as estancias hospitalarias de pacientes, familiares e persoal sanitario. Así mesmo, fomentan o uso da música con fins terapéuticos a través da educación, a investigación, o emprego e o voluntariado.

Beneficio a máis dun millón de doentes nunha década

Esta entidade comezou esta actividade hai máis dunha década en varios hospitais da Comunidade de Madrid, a través dun convenio do Servizo Madrileño de Saúde, despois do cal, iniciou a súa expansión en Cataluña tras asinar outro convenio co Institut Català de la Salut. Nese tempo, celebráronse máis de 10.000 micro concertos en planta, hospitais de día e auditorios de hospitais, coa participación de máis de 20.000 músicos voluntarios de distintos xéneros, co que beneficiaron a máis dun millón de doentes.

Xunto a Gustavo Almeida estivo a presidenta e fundadora de Música en Vena, Virginia Castelló, quen salientou que na súa labor humanizadora teñen colaborado artistas ben coñecidos como Rosario Flores, Carlos Núñez, Los Secretos, José Mercé ou a Orquesta Sinfónica de Madrid, que é a titular do Teatro Real.

Xira de concertos nos hospitais galegos

No pasado mes de marzo, Música en Vena arrancou a súa andaina en Galicia da man do patrocinio da Fundación Luckia, para ofrecer 10 concertos ata finais de 2024 en diferentes plantas e centros hospitalarios da comunidade galega. O primeiro deses concertos tivo lugar o 25 de marzo no Centro Oncolóxico de Galicia en A Coruña, seguido dunha segunda actuación na UCI e nas Unidades de Hemodiálisis do Hospital Lucus Augusti de Lugo.

Por outra banda, Música en Vena desenvolve outras moita actividades relacionadas coa música e o seu beneficio curativo nas persoas. Entre elas, sinalar a “curación de pianos”, na que a entidade restaura pianos e lles unha segunda vida nun hospital; ou proxectos como o Proxecto Canta e Lembra, destinado a persoas maiores e enfermos de alzhéimer e demencia senil, para estimulalos cognitivamente, aliviar o seu malestar ou depresión, e mellorar a súa calidade de vida.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5M€

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

Publicacións Relacionadas