Home Pontevedra A limpeza dos almacéns de Santa Clara descobre parte da distribución orixinaria...

A limpeza dos almacéns de Santa Clara descobre parte da distribución orixinaria da convento

- Anuncio -

Parece claro que ao carón da estancia onde está a lareira -nos baixos dun dos edificios ao pé da igrexaestaba o vello Refectorio que co paso dos séculos pasou a ser corte de animais xa que se atoparon pías de alimentación.

Os labores de retirada de refugallo que dirixe a Deputación están case rematados para poder iniciar os traballos históricos e arqueolóxicos que se farán nestes baixos.

Os baixos do Convento de Santa Clara comezan a amosar a súa cara orixinaria. Os traballos de retirada de entullos, lixo e refugallo está deixando á vista o estado actual dos baixos que as súas ocupantes empregaban como almacéns. Son os baixos dos dous edificios situados ao pé da igrexa. A Deputación provincial é a encargada de realizar esta limpeza en virtude do Protocolo asinado neste ano co Concello de Pontevedra para estudar as posibilidades de que o convento se converta nunha nova sede do Museo provincial.

A limpeza comezou cunha primeira selección de elementos claramente a conservar que van dende enreixados que estaban almacenados, a lacenas, portas ou ducias de cacharros empregados na vida cotiá das monxas, entre outros moitos achados.

A continuación, unha empresa de limpeza retira nestes días, con sumo coidado, ducias de elementos refugallo, dende vides das podas das viñas, a leña ou tellas en moi mal estado de conservación. Os técnicos provinciais son os encargados de dirixir esta limpeza indicando que elementos son susceptibles de retirar e cales se conservan atendendo ao seu diverso valor.

Está previsto que a retirada do lixo destes dous baixos remate nesta semana, para permitir o inicio dos traballos arqueolóxicos e históricos que a Deputación tamén contratou e que permitirán coñecer a situación do edificio e ver as posibilidades de incorporalo ao Museo provincial.

Os achados
Este desentullo serviu para descubrir a pegada da historia do convento. Parece claro que a cociña orixinaria atopábase nesta zona xa que alí está a lareira que recuperou a súa forma orixinaria logo de retirar a gran cantidade de lixo que acumulaba. Tamén parece claro que a continuación se achaba o Refectorio (comedor da comunidade relixiosa) hai uns 200 anos, porque así tamén o relataron as últimas ocupantes do cenobio ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas