Home Vigo Mos A Louriña entre Todos, un proxecto de futuro para o Porriño e...

A Louriña entre Todos, un proxecto de futuro para o Porriño e Mos

- Anuncio -

• Os populares de Mos e do Porriño simbolizaron hoxe a alianza de ambos concellos nun acto no que participaron máis de 500 persoas

• Respaldando ao alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, estiveron Román Rodríguez, María Jesús Lorenzana, José González e Julio García Comesaña

A unión fai a forza. Baixo esta premisa os populares de Mos e do Porriño déronse cita hoxe na festa do val, `A Louriña entre todos´.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, arroupados polos seus equipos e máis de 500 veciñas e veciños de ambos os dous concellos, presentaron o seu proxecto de futuro para a comarca, nun acto no que participou tamén parte importante do Goberno galego que estivo representado polo titular de Sanidade, Julio García Comesaña, o conselleiro de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades, Román Rodríguez, a responsable de Promoción do emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez.
Alejandro Lorenzo, foi o encargado de abrir o acto apuntando que “fronte aos que queren alimentar un clima de división e confrontación política que nos condena a estancarnos nós respondemos con traballo, con iniciativas e cun proxecto de futuro sólido para reivindicar dous concellos que son motor do sur da provincia”. O rexedor incidiu en que ademais “o facemos con ilusión, con forzas renovadas e co apoio da veciñanza da comarca que coma nós o que quere é que o seu Concello siga progresando e ocupe o lugar que merece”.
No mesmo sentido se manifestou o conselleiro, José González, destacando que “hoxe estamos aquí os catro conselleiros apoiando a dous alcaldes fortes, que necesitan a maioría absoluta para seguir construíndo unha Louriña forte. Se non hai maioría, haberá un goberno de perdedores”
Pola súa banda, Julio García Comesaña reivindicou a man tendida dunha Xunta de Galicia “comprometida coa Louriña e coa sanidade”, como se demostra coa “ a ampliación do Centro de saúde de O Porriño con 4,5 millóns de euros e o gran complexo sociosanitario do Rebullón en Mos que contará tamén cun novo centro de saúde, o primeiro de Coidados Intermedios público, escola infantil e residencia de maiores”. “Son dous grandes alcaldes dunha gran comarca”, concluíu.
María Jesús Lorenzana afirmou que “os que nos dedicamos ao emprego, precisamos de alcaldes e alcaldesas como eles. Alcaldes que crean o contexto axeitado para que se instalen as empresas, que garanten solo, que axilizan licencias” e lembrou a aposta do Goberno galego por esta comarca cos 6,5 M de euros que destinaron aos autónomos da Louriña na pandemia.
Román Rodríguez concluíu destacando que Lorenzo e Arévalo son “dos mellores alcaldes non só da provincia senón de España. Son próximos, traballadores, dinámicos e con paixón”.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, foi a encargada de clausurar as intervencións e o fixo reivindicando que “Mos e O Porriño se necesitan para crecer, para dar servizo”. A rexedora mosense incidiu en que “é imposible concebir esta comarca se non é desta maneira. Hoxe, con vós, simbolizamos a forza da Louriña, o cinturón azul, unha alianza e exemplo de concellos fortes, líderes en industria, en educación, en sanidade, en emprego…” e quixo agradecer o respaldo “da Xunta de Galicia, e do seu presidente polo apoio simbolizado hoxe nos catro conselleiros que nos acompañan”.
Ao rematar as intervencións os asistentes disfrutaron xuntos dunha boa tapa de callos da Louriña con Pan do Porriño.

Relacionadas

O Concello de Vila de Cruces participa na 45 Feira Internacional Semana Verde de...

0
O Concello de Vila de Cruces participa na 45 Feira Internacional Semana Verde de Galicia cun estand propio, promovendo a sostibilidade e os valores...

A Deputación recibe en Madrid a Medalla de Honor con mención especial da Asociación...

0
O deputado de Infraestruturas en funcións, Gregorio Agís, recolleu a distinción no acto que vén de ter lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñería...

O proxecto divulgativo sobre o percusor do cinema galego, José Gil, chega ao Porriño

0
• A vila do Louro acollerá os próximos 9 e 10 de xuño actividades, presentacións, proxeccións, concertos e encontros arredor da obra e a...

Aberto o prazo para a elección dos premios ao deporte de San Xoán 2022-2023

0
• As solicitudes poderán presentarse de xeito telemático a través da Sede Electrónica • A entrega dos galardóns levarase a cabo o xoves 22 de...

Actividades dinamizadoras lectura

0
A Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño organiza varias actividades dinamizadoras da lectura para os nenos e nenas entre os 5 e os 12...

O Concello inicia as obras de mellora da eficiencia enerxética no edificio de Servizos...

0
Os traballos suporán un investimento de 115.000 euros financiados con fondos europeos a través do IDAE O Concello de Ponteareas xa deu inicio ás obras...

Publicacións Relacionadas