Axentes da Policía Local de Redondela investigaron na madrugada do sábado a un condutor de nacionalidade portuguesa que se saíu da vía en Chapela por un delito contra a seguridade viaria. Na proba de alcoholemia arroxou un resultado positivo de 0.90mg/l. Tamén durante a madrugada, nun dispositivo conxunto entre Policía Local e Policía Nacional, rexistráronse outras dúas alcoholemias positivas. Estas infraccións ao volante están sancionadas no artigo 20 do regulamento xeral de circulación con multas que van desde os 500 ata os 1.000 euros, así como a retirada de 4 ou 6 puntos do carné segundo a taxa de alcohol rexistrada.

