A nova Xunta Directiva da Mancomunidade de Montes de Cerdedo-Cotobade, reactivada recentemente por Ernesto Filgueira, elexido presidente á vez que Preside a Comunidade de Montes de Viascón, Antonio Troitiño, en calidade de vicepresidente e presidente da Comunidade de Montes de Carballedo; Ana Avedaño, en calidade de secretaria tanto na Mamcomunidade como na Comunidade de Montes de Aguasantas e Alejandro Pichel, en calidade de Tesoureiro e vogal da Comunidade de Montes de Tenorio; destacan a boa acollida da primeira xornada celebrada o pasado sábado día 15 entre a veciñanza, entidades sociais e empresariais e, especialmente, entre as xuntas directivas e comuneir@s das diversas comunidades de montes adheridas á Mancomunidade.
Ernesto Filgueira: “A celebración das xornadas pasadas puxeron de manifesto que, no foro axeitado, dase o ambiente propicio para que comuneiros e comunidades de montes debatan, intercambien inquedanzas, dúbidas e experiencias e así aprender en conxunto a mellorar a xestión e a planificación do monte nas nosas parroquias”.
Para o segundo día das xornadas organizadas, está previsto que participen dous poñentes de importante recoñecemento social polo que representan as súas ocupacións actuais e o seu estreito vínculo co monte pero tamén co compromiso veciñal e a sostenibilidade medioambiental. Trátase de Fernando Malvar e Antonio Rigueiro.
No caso de Fernando Malvar é presidente da Comunidade Enerxética de Buchabade e secretario da Comunidade de Montes desa mesma parroquia cuia aposta por un modelo enerxético baseado na modalidade de creación de enerxía de autoconsumo compartida entre os membros da entidade creada para tal fin. Toda unha experiencia veciñal e sostible, que naceu no ano 22 en resposta ao movemento en contra dos parques eólicos desmesurados proxectados para os montes tanto de Cerdedo-Cotobade coma en Pontecaldelas e de toda a bisbarra en xeral. O segundo poñente é Antonio Rigueiro, presidente da Asociación Forestal de Galicia. Persoa de gran recoñecemento en Galicia pola súa traxectoria académica e laboral. Un gran coñecedor da realidade do monte galego. Emérito do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñería da Universidade de Santiago.
PÉCHASE A ACTIVIDADE DIVULGATIVA DA MANCOMUNIDADE COA CELEBRACIÓN DA SEGUNDA XORNADA SOBRE O MONTE NO CENTRO CULTURAL ANTÓN FRAGUAS DE CARBALLEDO ÁS 11H O SÁBADO 29 DE MARZO
Co obxectivo de promover os valores do monte e as súas funcionalidades a mancomunidade celebrou o pasado 15 de marzo a primeira das dúas xornadas previstas no marco da recén activada Mancomunidade. Xornada que resultou todo un éxito de participación. A Xunta Directiva chama, der novo, ás comuneiras e comuneiros das comunidades de montes asociadas e á veciñanza en xeral a participar desta nova experiencia prevista para o vindeiro sábado 29 de marzo ás 11h no Centro Cultural Antón Fraguas de Carballedo.
PROGRAMA 29 de marzo
10:45h Recepción participantes.
11:00h Apertura da xornada.
11:15h 1ª PONENCIA: “A Comunidade Enerxética de Buchabade: unha experincia rematada” Fernando Malvar Cortizo. Presidente Comunidade Enerxética e Tesoureiro da Comunidade de Montes de Buchabade. 12:00h 2ª PONENCIA: “Producións non madeireiras do monte”