A Mancomunidade do Val Miñor realizou a presentación dos socorristas da tempada 2024, coas catro últimas incorporacións ao servizo de socorrismo das praias de Baiona e Nigrán.
Con estas novas incorporacións complétase o total de prazas ofertadas para dar servizo de vixilancia e salvamento nas praias, contando cun servizo profesional de socorrismo.
O servizo das praias do Val Miñor conta con 35 socorristas e un coordinador que atenden, nas distintas quendas, as postas existentes nos distintos areais de ambos os municipios. Están operativos de 12:00 a 20:00 horas. Complementan este labor os membros de Protección Civil Valmiñor con 60 voluntarios.
O Presidente da Mancomunidade do Val Miñor, Paco Ferreira González, o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, e o alcalde de Nigrán, Juan González Pérez, deron a benvida ao novo persoal que estará a cargo de prestar o servizo nas praias do litoral do Val Miñor.
Os responsables municipais presentes no acto han coincido en destacar “o gran esforzo realizado para garantir a seguridade nos areais cos que contamos na nosa mancomunidade, aos que se dá servizos durante a tempada estival”, solicitando “a colaboración cidadá para mantelas as praias limpas, á vez que fan un uso responsable seguindo as recomendacións dos profesionais”. Así mesmo, convidaron á veciñanza e visitantes “a gozar do noso marabilloso litoral” e ao persoal do servizo agradecéronselles “ o seu traballo como garantes da seguridade nas praias”.