HomePontevedraA Mesa de Saúde de Redondela promove actividades para evitar o sedentarismo

A Mesa de Saúde de Redondela promove actividades para evitar o sedentarismo

- Anuncio -spot_img

A Mesa de Saúde de Redondela, na que participan o Concello, Centro de Saúde, Rede Galega de Promoción da Saúde (Regaps) e colectivos e asociacións redondeláns, ten en marcha interesantes proxectos encamiñados a mellorar a saúde da poboación de todas as idades. O Regaps, en colaboración co Concello de Redondela, vai poñer en marcha un Programa de Promoción da Saúde que contempla accións para a mellora dos hábitos de vida da veciñanza de Redondela. A primeira das accións estará encamiñada á diminución do sedentarismo en persoas adultas así como á mellora da socialización e das relacións sociais. Esta actividade será dirixida por profesionais da Regaps e do Centro de Saúde e dará comezo no vindeiro mes de abril.

O colectivo ultima tamén nunha das propostas xurdidas no grupo de traballo de Saúde Infanto-xuvenil e que será a celebración dunha “Semana sen Fume”.

A última sesión de traballo foi a do grupo de Soidade non desexada, xurdido a raíz das necesidades detectadas na Mesa de Saúde de Redondela. Na sesión participaron persoas representantes do Centro de saúde, do Concello, Asociacións veciñais, Entidades sociais e Centros de persoas maiores, así como da Regaps.

Dende a Mesa de Saúde de Redondela animan a todas aquelas asociacións, entidades e centros do municipio a unirse a esta iniciativa. O concelleiro de Sanidade, Alberto Álvarez, sinala que deste xeito a veciñanza pode colaborar no deseño e posta en marcha de accións que melloren o benestar da poboación, especificamente, da infancia, adolescencia e das persoas adultas.

Para ampliar máis información sobre estes grupos de traballo e sobre a Mesa de Saúde de Redondela pódese contactar co equipo da Regaps na área sanitaria de Vigo, a través do correo electrónico regaps.vigo@sergas.es ou no teléfono 648 116 564.

Publicacións Relacionadas