Home Pontevedra O Condado A mocidade colle agulla e dedal para mergullarse na costura de supervivencia

A mocidade colle agulla e dedal para mergullarse na costura de supervivencia

- Anuncio -

O programa Mocidade Viva trae un novo curso este venres 23 ás 20.00 h no Parque da Feira Vella. Inscricións en mocidadeviva@ponteareas.gal

Aprender a coser o imprescindíbel para sobrevivir ao día a día. Ese é o obxectivo do novo obradoiro do programa Mocidade Viva, un curso de costura de supervivencia no que os rapaces e rapazas participantes poderán achegarse en pouco tempo ás técnicas básicas dun xeito práctico. Unha nova iniciativa formativa que o Concello organiza “co obxectivo de ofrecer á mocidade ponteareá unha programa estábel de actividades lúdicas e formativas sempre cunha temática variada e atractiva que dea resposta aos seus intereses”, como explica o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó.

O obradoiro, de balde, celebrarase o vindeiro venres 23 de setembro a partir das 20.00 horas no Parque da Feira Vella. Dirixido a mozos e mozas maiores de 12 anos, as persoas interesadas en participar poderán solicitar máis información ou realizar a súa inscrición enviando un correo electrónico a mocidadeviva@ponteareas.gal.

A través deste curso, os e as participantes achegaranse de xeito ameno a algúns principios básicos da costura para poder realizar elas e eles mesmos pequenos arranxos como colocar unha cremalleira, coser un botón ou coller os baixos a un pantalón. “Con este e outros obradoiros e actividades ofrecemos a rapaces e rapazas espazos de lecer e socialización saudábeis a través de iniciativas lúdicas e divertidas, pero tamén didácticas e que fomenten novos valores”, salienta o edil.

Miguel Bouzó convida a toda a rapazada a participar neste novo obradoiro, así como en todas as actividades que o Concello organiza ao abeiro do programa Mocidade Viva.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas