Home Pontevedra Baixo Miño A mocidade tomiñesa colle fío e agulla no seu vindeiro curso da...

A mocidade tomiñesa colle fío e agulla no seu vindeiro curso da OMIX

- Anuncio -

Aberto o prazo de inscrición para o curso de corte e confección que comezará o vindeiro 25 de febreiro

O Concello de Tomiño segue a apostar pola formación da mocidade a través de novos cursos, obradoiro e iniciativas que espertan grande interese entre os rapaces e rapazas. A OMIX vén de abrir o prazo de inscrición para participar nunha nova proposta: un curso de corte e confección o que as persoas participantes achegaranse ao mundo do téxtil sen necesidade de ter coñecementos previos na materia e co que poderán rematar realizando os seus propios deseños.

O curso comezará o 25 de febreiro e haberá clases todos os sábados de 10.00 a 13.00 horas ata o vindeiro 1 de abril. As clases, dirixidas a persoas a partir de 12 anos, serán no Espazo Mercado de Goián e terán un prezo de 20 euros ao mes. Os mozos e mozas interesados en participar poden xa inscribirse a través da páxina web do Concello.
O obradoiro dividirase en diferentes actividades para ir mergullando a rapaces e rapazas no mundo do corte e da confección. Por un lado, partirase dende cero ensinando ás e aos participantes a manexar o fío e a agulla, aprendendo diferentes tipos de puntadas existentes e practicándoas. Unha vez dominada a agulla o seguinte paso será coñecer as diferentes técnicas de remendos, como arranxar baixos, colocar cremalleiras ou coser botóns, entre outras. Ademais, o alumnado tamén aprenderá a utilizar máquinas de coser de diferentes tipos, así como a realizar patróns para a elaboración de pezas propias.
Como sinala a alcaldesa, Sandra González, a través das súas actividades a OMIX do

Concello de Tomiño busca “achegar á nosa mocidade unha programación actual, na que se traten temáticas non só que lles poidan brindar oportunidades persoais e profesionais no futuro, senón tamén que lles interesen especialmente, como é o caso de todo o relacionado co mundo téxtil”.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas