O Auditorio municipal acolle este sábado 24 ás 20.00 h un concerto organizado polo Colectivo Carballas e Baixo Miño con Palestina. Entrada de balde con taquilla inversa
A música como linguaxe universal capaz de unir pobos e conciencias. O Colectivo Carballas e Baixo Miño con Palestina en colaboración coa Agrupación Musical do Rosal e o Concello un concerto en solidariedade con Palestina, unha cita cargada de simbolismo e compromiso social que busca poñer en valor a cultura, a fraternidade e a defensa dos dereitos humanos.
Será o vindeiro sábado 24 de xaneiro ás 20.00 horas no auditorio municipal do Rosal e contará coa actuación da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal, baixo a batuta do director Javier Alonso. Unha proposta musical coa que o público poderá manifestar, a través da arte, o seu apoio a unha Palestina libre e á construción dun mundo máis xusto.
A entrada será de balde, cun sistema de taquilla inversa, unha fórmula solidaria na que non se paga por acceder ao concerto, senón que ao rematar cada persoa achega de maneira voluntaria a cantidade que considere ou poida dar, en función das súas posibilidades e do valor que lle dea á experiencia. A recadación obtida destinarase a organizacións ou entidades que traballen con Palestina.
Dende o Concello anímase a toda a veciñanza a participar nesta convocatoria “que demostra que a cultura tamén pode ser unha ferramenta de conciencia social e de unión entre pobos” e convida a encher o auditorio nun acto colectivo de música, solidariedade e esperanza.



