HomePontevedraBaixo MiñoA obra de paso sobre o arroio Cotarel suporá un investimento de...

A obra de paso sobre o arroio Cotarel suporá un investimento de 1,5 millóns de euros

- Anuncio -spot_img

O Concello de Tui e a Confederación Hidrográfica do Miño Sil asinaron o convenio para o financiamento e execución desta infraestrutura

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño Sil, CHMS, José Antonio Quiroga, asinaron esta semana o convenio que posibilitará a construción dunha plataforma sobre o arroio Cotarel. O documento determina as condicións para o financiamento e execución desta obra que suporá un investimento de 1,5 millóns de euros, dos que o 80% será sufragado pola Confederación e o 20% restante polo Concello de Tui.  

O proxecto contempla a construción dunha nova obra de paso coas características axeitadas ao tráfico da estrada N-550 e os seus viais accesorios, e para desaugar contando coa capacidade hidráulica suficiente, adaptada aos criterios establecidos na Lei de Augas e no seu Regulamento de Dominio Público Hidráulico.

Tras a sinatura do convenio o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradeceu o compromiso do presidente da Confederación Hidrográfica do Miño Sil, José Antonio Quiroga, co   Concello de Tui.  Na súa intervención Enrique Cabaleiro destacou que para o goberno local esta “é unha obra moi importante, necesaria e que conta amais cun financiamento considerable”. Explicou que se trata dunha actuación “sobre o río Tripes á altura da rúa Martínez Padín xa que o actual paso está afundido” e que así “se vai recuperar este espazo urbano”.

Pola súa banda o presidente da CHMS, José Antonio Quirog a, sinalou que este “é un convenio importante, sendo o cuarto que asinamos co Concello de Tui”. Detallou as accións a realizar na zona e engadiu que esta obra “é o cumprimento e materialización da colaboración entre as dúas institucións”.

Publicacións Relacionadas