HomeBaixo MiñoA GuardaA obra de teatro Kyoki achega ao público infantil a demencia 

A obra de teatro Kyoki achega ao público infantil a demencia 

- Anuncio -spot_img
  • A representación comezará o sábado 11 de outubro ás 18:00h no Centro Cultural

O Centro Cultural volve este outono a acoller teatro infantil coa obra de Elefante Elegantes, “Kyoki”. Trátase dun espectáculo sen palabras para o público infantil e familiar que aborda a temática do esquecemento, vellez e soidade.

A protagonista vai representando a familia, os médicos e as institucións sociais coas personaxes da avoa, a filla e a doutora. Cun decorado e escenario innovador, consegue transmitir todos os desexos e sentimentos da obra.

Este espectáculo está recomendado a partir dos 5 anos e poderemos desfrutar del o próximo sábado 11 ás 18:00h no Centro Cultural.

Publicacións Relacionadas