A oficina de expedición móbil da Policía volve a Baiona

adminON
Lectura mínima de 1

As prazas son limitadas e para poder acceder ao servizo será imprescindible solicitar cita previa.

O Concello de Baiona, en colaboración coa Policía Nacional, informa os veciños do municipio que os próximos días 6 e 24 de xuño volverá a Baiona a oficina móbil (VIDOC) para a expedición e renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) e do pasaporte.

 As citas xestionaranse exclusivamente por vía telefónica, o próximo 30 de maio, en horario de 8:00 horas a 14:00 horas chamando ao número 986358011.

No caso de que queden ocos dispoñibles asignaranse nos días posteriores, aínda que se lembra que, debido á alta demanda, as prazas esgótanse con rapidez.

A unidade móbil da Policía Nacional situarase en horario de 9:45 h a 12:45 h na Rúa Dolores Agrelo 7, á beira do pavillón de deportes municipal.

Desde o Concello de Baiona agradécese a colaboración cidadá e anímase aos veciños para aproveitar esta oportunidade para a obtención ou renovación dos seus documentos oficiais de maneira cómoda e próxima.

Comparte este artigo