Peregrinos de Australia, Corea do Sur, USA, Chile, Bielorrusia ou Sudáfrica consultaron percorridos, estancias e actividades desde a súa apertura o 12 de xuño (de luns a sábado)
“O Camiño Portugués pola Costa atrae a centos de peregrinos de todo o mundo e supón un revulsivo importante tanto para a economía como para a imaxe de Nigrán”, indica o alcalde, Juan González
O Camiño Portugués pola Costa atrae cada vez a máis estranxeiros a Nigrán. A realidade é que a Oficina de Turismo de A Ramallosa atendeu desde a súa apertura o 12 de xuño e ata o 31 de xullo a 1.190 peregrinos de 37 nacionalidades diferentes que sellaron as súas credenciais e buscaron información sobre o propio Camiño ou sobre o municipio. Ao marxe de España, con 45% das consultas, Estados Unidos foi o páis máis repetido con 142 persoas, seguido de 87 camiñantes de Alemania, 59 de Polonia ou 32 de Australia. Bielorrusia, Corea do Sur, Nueva Zelanda, Brasil, Japón, Turquia, Cuba, Puerto Rico, Israel, Colombia, Malasia, El Salvador, Filipinas, Francia, Estonia… son outras das nacionalidades que se achegaron ata a oficina situada na Alameda de San Campio.
“Esta é a tempada alta para a peregrinaxe. Desde que sae o sol a primeira hora da mañán os peregrinoscruzan a ponte románica de A Ramallosa para continuar ata Compostela tanto polo recorrido oficial do interior de Nigrán como pola súa variante por Praia América, Panxón e Patos. A Oficina de Turismo, situada na entrada do municipio, ofrece un servizo importante aos visitantes e unha imaxe amábel e de hospitalidae cara a eles” sinala Juan González, alcalde de Nigrán.

