Home Pontevedra A pavimentación do camiño das Cabritas mellora a mobilidade en Quintela

A pavimentación do camiño das Cabritas mellora a mobilidade en Quintela

0
2

O Concello de Redondela, a través da concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, realizou as obras de pavimentación do camiño das

Cabritas, na parroquia de Quintela. A pavimentación realizouse con aglomerado asfáltico en quente ao longo de todo o camiño, nunha superficie de 650 metros cadrados. Os traballos foron contratados por 12.259,72 euros.

A alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro Roberto Villar, visitaron a vía para comprobar o resultado dos traballos. A rexedora sinala que este asfaltado supón “unha mellora notable para a mobilidade nesta zona cun novo firma máis seguro”. Villar destacou que se trataba dunha obra moi necesaria, xa que este camiño non fora renovado nos últimos 30 anos e o firme estaba totalmente deteriorado.  O edil afirma que desde  o departamento de Infraestruturas e Sostibilidade estase a avanzar na reparación e mellora das estradas e camiños municipais e o obxectivo é “seguir nesta liña tanto con fondos propios do Concello como doutras administracións”.