HomePontevedraBaixo MiñoA película Sirat, de Oliver Laxe, proxéctase mañá venres no Teatro Municipal...

A película Sirat, de Oliver Laxe, proxéctase mañá venres no Teatro Municipal de Tui

- Anuncio -spot_img

O filme foi seleccionado para representar a España na competición pola nominación ao Oscar e recibiu co Premio do Xurado en Cannes

A película Sirat, dirixida polo galego Oliver Laxe, proxéctase no Teatro Municipal de Tui mañá venres 24 de outubro ás 21 h dentro da programación cultural de outono.

Sirat foi seleccionada para representar a España para competir pola nominación ao Oscar á mellor película internacional, e recibiu xa co Premio do Xurado en Cannes.

Estreouse este mesmo ano 2025 e está interpretada por Sergi López, Bruno Núñez Arjona, Richard Bellamy, Stefania Gadda, Joshua Liam Henderson, Tonin Janvier e Jade Oukid. O filme conta a historia dun home e o seu fillo, que chegan a unha rave perdida en medio das montañas do sur de Marrocos. Ambos buscan a Mar, a súa filla e irmá, desaparecida hai meses nunha desas festas sen amencer. Reparten fotos súas de xeito incansable, rodeados de música electrónica e un tipo de liberdade descoñecida para eles. Alí deciden seguir a un grupo de raveros na busca dunha última festa que se celebrará no deserto, onde agardan atopar á moza desaparecida. 

A película proxéctase no Teatro Municipal de Tui este venres 24 de outubro ás 21 h. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 6€ e 4 €.

Publicacións Relacionadas