test
Home Pontevedra A Paradanta A pianista Judith Jáuregui chega este sábado ao concerto do Ciclo...

A pianista Judith Jáuregui chega este sábado ao concerto do Ciclo de Música de Barcia de Mera

- Anuncio -


Judith Jáuregui convértese nunha das pianistas españolas con máis proxección da súa xeración

O Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera, Covelo, convida ao concerto de piano da afamada Judith Jáuregui este sábado na contorna máxica do conxunto abacial de Barcia de Mera. 

Patrimonio e música daranse a man para recibir ao público que ao longo destes seis meses terán o privilexio de vivir a música interpretada por figuras de relevancia internacional na contorna rural e natural do conxunto histórico da Rectoral de Barcia de Mera, en Covelo. A organización adianta que o aforo é limitado sendo preciso reservar no número de teléfono 658 627 525.

Tras ser recibida exitosamente en festivais prestixiosos como o Festival Musika-Música de Bilbao, Festival Internacional de Música Castell de Peralada, Festival Internacional de Música e Danza de Granada, Quincena Musical de San Sebastián ou o Festival Internacional de Piano da Roque d’Antheron, Judith Jáuregui convértese nunha das pianistas españolas con máis proxección da súa xeración.

O programa, que volve contar co apoio da Xunta de Galicia e do Concello de Covelo, desenvolvese dende o 27 de abril ao 14 de setembro cun total de oito concertos que se celebrarán na igrexa barroca de San Martiño de Barcia de Mera, no concello de Covelo, conxunto recoñecido o ano pasado como Ben de Interese Cultural (BIC) pola Xunta de Galicia.

O vindeiro concerto será o día 20 con Beatriz Díaz, Jose Luis Bieito, Camilo García e Maife Gil. Xa en agosto, dúas citas encherán de música a Igrexa de San Martiño de Barcia de Mera co Grupo Fua o día 15 e Cancellos o día 31. O concerto de clausura desta XVI edición do ciclo será o 14 de setembro con Camerata OSG. Todos os concertos están programados para as 20,00 horas.

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, convida a participar neste espéctaculo que sorprende ao público pola fusión entre a beleza da contorna natural, o alto valor do conxunto barroco e a calidade artística das propostas.

Judith Jáuregui

Nada en San Sebastián en 1985, recibe o Título Superior de Piano e o Premio de Honra de Fin de Carrera no conservatorio da súa cidade natal, na cátedra de Cristina Navallas. Máis tarde amplía a súa formación no Conservatorio Superior de Salamanca con Claudio Martínez-Mehner, e no Richard Strauss Konservatorium de Munich, co gran mestre Vadim Suchanov.

Son numerosos os galardóns obtidos, tanto nacionais como internacionais, destacando o VIII Premio Internacional de Piano Frechilla-Zuloaga de Valladolid ou o XXVII Concurso para Mozos Pianistas Ciudad de Albacete, onde recibe ademais o Premio á Mellor Interpretación da Música de Chopin, e o Premio á Mellor Interpretación da Música Española.

Debutou como solista xunto á Orquestra do Conservatorio Superior de Música de San Sebastián, á que seguiron a Nova Orquestra do Estado de Hessen (Alemaña) ou a Orquestra Sinfónica de Castela e León. Así mesmo, gravou para Radio Nacional de España, Radio Televisión Española, Catalunya Musica, France Musique de Radio France, e para as cadeas de televisión serbias Sremska Television e Super Television. Tamén participou na gravación dun CD para o selo Several Records rendendo homenaxe a Albéniz no centenario da súa morte, no ano 2009.

Relacionadas

A Deputación desenvolve o proxecto “Dixitalízate” co que forma en competencias dixitais a preto...

0
As deputadas Belén Cachafeiro, Nava Castro e Isabel Couselo acompañaron hoxe ao alumnado nas formacións presenciais que se desenvolven nos concellos participantes neste “hub”...

Máis de trescentas cativas e cativos participan nos campamentos de verán do concello de...

0
A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, e o concelleiro de Ensino, Ricardo González, visitaron hoxe ao alumnado do campamento de verán que durante esta...

Festín de humor e circo para toda a familia con Dani Blanco e ‘La...

0
Urdime chega a Tomiño con este espectáculo de circo, clown, música e malabares este xoves 4 ás 19.00 h na Praza da Mina Tomiño prepárase...

Xosé Merelles salienta a consolidación do festival Portamérica como atractivo turístico de Pontevedra

0
O director de Turismo de Galicia participa xunto o delegado da Xunta en Pontevedra na presentación do festival que arranca este xoves no concello...

O Concello amplía a rede de abastecemento de auga no lugar da Louriña

0
• A obra foi levada a cabo por operarios do departamento de Servizos  Municipais e consistiu na dotación dunha canalización de 380  metros e...

Este vernres xornada de interpretación astronómica “Ceo de verán. 4 estacións Starlight” en Covelo

0
O Concello de Covelo abre o prazo para inscribirse na observación do firmamento dende a contorna da igrexa da Xestosa, na parroquia de San...

Publicacións Relacionadas