Coa chegada do verán e o calor e tras rematar as últimas obras de mellora, o Concello de Salvaterra de Miño abre a Piscina Municipal para todos os veciños, veciñas e visitantes.
As instalacións abrirán o vindeiro martes 18 de xuño e permanecerán abertas ata o 15 de setembro. O horario será de martes a venres de 15:00 a 21:00 horas e sábados, domingos e festivos de 13:00 a 21:00 horas.
A instalacións que contan cunha piscina para pequen@s e outra para maiores ofrecen unha alternativa de ocio para toda a familia. Precisamente nestes días péchanse as inscricións para o Curso de Natación do mes de xullo e aínda hai posibilidade de anotarse para agosto contactando con ADA no teléfono 656261542 ou por correo adasalvaterra@yahoo.es

