A Piscina Municipal inaugura a tempada veraniega

adminON
Lectura mínima de 2
  • A Piscina Municipal inaugura a tempada veraniega 2024 o vindeiro 1 de xullo e permanecerá aberta ata ó 31 de agosto.
  • Duas piscinas, zona de cespede, vestiarios, cantina, cancha de tenis e parque infantil fan da piscina municipal de Arbo unha instalación acolledora.

A piscina municipal de Arbo comeza a súa tempada estival o vindeiro luns  1 de xullo  e estenderáse ata o 31 de agosto.

As piscinas de Arbo que foron inauguradas en 1996, están situadas no barrio de Chan, nunha zona estratexica  ao carón do pavillón polideportivo, campo de fútbol e área recreativa de Bouza de Miguel.

 Son dúas piscinas, unha grande para adultos e unha pequena para a cativada, aseos e vestiarios.Un ano máis, tamén ofrece unha cantina que serve refrescos, xeados ou bocadillos, ademais dunha pista de baloncesto e unha gran zona de céspede onde se pode xogar, comer e beber.

O horario de apertura é de luns a venres de 15:00 horas a 21:00 horas pola tarde.

 A entrada xeral ao recinto custa por día 1 euros para os nenos de entre 6 e 12 anos e 1,30 desde os 13anos, tendo a posibilidade de comprar abonos para 15 baños cun desconto importante. Para os maiores de 65 anos, familia numerosa e carne nova, existe a bonificación do 50%.

Comparte este artigo