A plataforma DefendeMos esixe respecto sobre as declaracións de Abel Losada hoxe no Círculo de Empresarios e de Carlos López Font no Parlamento de Galicia

adminON
Lectura mínima de 2

Piden que se respecte tanto á veciñanza de Mos como aos traballadores e traballadoras municipais que están a rexistrar as miles de alegacións presentadas e facendo turnos extra, así como reclaman respecto institucional a unha administración local pública como é o concello de Mos.

Ademáis aseguran que detrás de cada alegación está ademáis dunha persoa física real co seu correspondente DNI, unha asociación legalmente constituida como é a Plataforma DefendeMos. “Con estas declaracións estase incurrindo nunha absoluta falta de respeto tanto a veciños, como á Plataforma e ao Concello como institución”, declaran.
“É lamentable que o Subdelegado do Goberno lle falte o respecto aos propios veciños aos que representa”, sentencian. Ao tempo que insisten en que é intolerable que altos cargos do PSOE sigan insistindo en menospreciar a Mos, o outro día dicindo que somos un accidente xeográfico e agora insinuando que as 25.000 alegacións recollidas son fotocopias. Por iso califican de deriva á irrespetuosidade a actitude manifestada nos últimos días por Abel Caballero, Abel Losada e López Font.

A Plataforma Defendemos puntualiza que Abel Losada non é un interlocutor válido neste tema, quen o é é únicamente o Ministro Óscar Puente. E advirte a Losada de que “non o elixiron Subdelegado do Goberno para formigonar Mos” e recórdalle que tamén hai unha importante parroquia de Vigo como é Bembrive afectada por este proxecto. Polo tanto o alcalde de Vigo tampouco respecta aos seus propios veciños.

A Plataforma lamenta que Caballero, Font e Losada non sexan conscientes da realidade e ademáis osen acusar aos veciños de Mos que non queren a A52 das mortes na A55 nun afán de terxiversación total. Polo tanto non son dignos de representar á veciñanza e non teñen dereito a falar polos diferentes concellos afectados implicados.
En resumo, e sobre todo, poñen a voz de alarma denunciando as reiteradas faltas de respecto a Mos, á súa veciñanza e á Plataforma DefendeMos.

Comparte este artigo