Home Pontevedra A Lama A Plataforma ENCORO NON detectaa varia epecie en situación de especial vulnerbilidade...

A Plataforma ENCORO NON detectaa varia epecie en situación de especial vulnerbilidade nun primeiro inventario de biodiversidade realizado por voluntarios no río Oitavén

- Anuncio -

Entre a fauna ameazada localizáronse especímenes da Chioglossa Lusitanica (a píntega “rabilonga”) e Ran Ibérica; e entre a flora, a Dryopteris Guanchica (unha fenta en vías de extinción) e a Dryopteris Aemula. Ademais foi avistado unha especie de morcego, o Rhinolophus Hipposideros, catalogado como “vulnerable”.

A Permanente da Plataforma quedou conformada por unha vintena de persoas en representación dos veciños de Forzáns, Agra, Vilán, Fornelos, Gaxate, Laxoso, A Fraga, Soutomaior, A Rente do Chan e A Dorsal Galega.

Medio cento de voluntarios convocados pola Plataforma pola Defensa dos Ríos Verdugo e Oitavén ENCORO NON realizaron un primeiro inventario da biodiversidade nas inmediacións de onde o estudio da Confederación Hidrográfica Miño-Sil propón construir o encoro de Forzáns localizaron varias especies da flora e fauna en situación de especial vulnerabiidade ecolóxica como son a Chioglossa Lusitanica (a píntega “rabilonga”), a Ran Ibérica e o morcego Rhinolophus Hipposideros e as fentas Dryopteris Aemula e Dryopteris Guanchica, especie cuxa presencia obrigou a modificar no seu día o trazado e a rotonda de Caritel.

Os traballos prospectivos fixéronse baixo a coordinación do colectivo ecoloxista A Rente do Chan que distribuiu aos voluntarios en tres grupos (flora, anfibios e aves) que foron supervisados polo inxeñeiro agrónomo, micólogo e profesor do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán, Jaime Bernardo Blanco Dios, e os expertos naturistas Sara Elena González Crespo e Miguel Puras (herpetólogo).

Desde o primeiro momento, os voluntarios localizaron especímenes de especial interese desde o punto da riqueza medioambiental que certificaban coa súa presenza a pureza e excelencia das augas do río Oitavén e do seu entorno natural que a Plataforma cualifica de un “auténtico paraíso natural”.

Os datos recollidos nestas primeiras prospeccións foron recopilados por A Rente do Chan e sistematizados a través dos sistemas convencionais de compilación coa intención de respaldar os estudios posteriores que sobre a flora e a fauna prepararán expertos na materia para refutar calquer intento de construir un encoro ou detraer auga do caudal dos ríos Verdugo e Oitavén.

A Plataforma seguirá realizando este tipo de iniciativas para poñer en valor o río Verdugo e o Oitavén e defender con datos científicos que esta zona é un paraíso natural e non corresponde cun “páramo de escaso valor medioambiental” como insinúa o estudio realizado para a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, financiado tamén por Augas de Galicia (organismo dependente da Xunta) e o Concello de Vigo.

A PLATAFORMA CONFORMA UNHA PERMANENTE PARA MAIOR OPERATIVIDADE ORGANIZATIVA

Por outra banda, esta fin de semana tivo lugar a conformación da Permanente da Plataforma co fin de dotarse dun órgano de coordinación con maior operatividade e axilidade que dea cabida a todas as sensibilidades participantes na creación da Plataforma e que defenda tanto os intereses dos veciños dos lugares afectados como ás asociacións medioambientais que en máis dun cento subscribiron o manifesto fundacional da Plataforma.

Así este novo órgano de coordinación que seguirá as indicación do pleno da Plataforma está formado por unha vintena de persoas en representación dos veciños de Forzáns, Agra, Vilán, Fornelos, Gaxate, Laxoso, A Fraga, Soutomaior, A Rente do Chan e A Dorsal Galega.

A Plataforma continuará con actividades encamiñadas a visibilizar a importancia do patrimonio ecolóxico e natural dos ríos Verdugo e Oitavén apoiadas por material divulgativo para que a mensaxe conservacionista e de defensa do medio meidoambiental chegue ao conxunto da veciñanza.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas